Vigilantes de Seguridad

¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.
Vigilantes de Seguridad

Foro, Vigilantes, Escoltas, Guardas particulares, Convenio, Estatuto de los Trabajadores, Sindicatos, Empresas, Sentencias, Noticias...

Conectarse

Recuperar mi contraseña

Visitantes



- - - - DESDE - - - -
20 / MARZO / 2.OO9

Marzo 2024

LunMarMiérJueVieSábDom
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Calendario Calendario

Últimos temas

» La Justicia da la razón a un vigilante expedientado en Málaga por suministrar mascarillas donadas a sus compañeros en el confinamiento
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyVie 24 Mar 2023 - 17:25 por alma14

» Felices fiestas
Hai que parar as políticas de austeridade EmptySáb 25 Dic 2021 - 7:00 por alma14

» Excedencia y posterior pedida de la habilitación
Hai que parar as políticas de austeridade EmptySáb 25 Dic 2021 - 6:57 por alma14

» BAJA
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyVie 15 Oct 2021 - 17:51 por Invitado

» Limpieza total
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyMar 11 Ago 2020 - 17:45 por cliper91

» Juicio y vacaciones
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 10 Ago 2020 - 23:53 por alma14

» Necesito ayuda sobre el tema de requisitos de Escolta Privado
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 11 Mayo 2020 - 12:45 por escolta63

» que es un impacto negativo
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 11 Mayo 2020 - 12:43 por escolta63

» pregunta temario escolta
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 11 Mayo 2020 - 12:39 por escolta63

» Artículo de Alba
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 11 Mayo 2020 - 8:52 por alma14

» El TSJC rechaza el despido de dos gerocultoras por negarse a preparar medicación
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyMar 25 Feb 2020 - 14:21 por alma14

» Comparativa Sueldos Vigilantes USA vs Alemania vs Francia vs España Por Toni -
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 24 Feb 2020 - 11:10 por alma14

» La empresa no puede exigir recuperar los días de asuntos propios
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 2 Dic 2019 - 17:05 por alma14

» El despido durante la baja médica ya es despido nulo
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyLun 2 Dic 2019 - 16:49 por alma14

» Permiso retribuido en elecciones generales
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyDom 3 Nov 2019 - 10:06 por alma14

» Venta de Corsys de Seguridad
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyJue 12 Sep 2019 - 13:56 por popazo09

» Vigilantes barcelona
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyMiér 10 Jul 2019 - 15:34 por Iliess

» Infarto como accidente de trabajo
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyMar 9 Jul 2019 - 19:54 por alma14

» convenio 2021
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyMar 9 Jul 2019 - 19:46 por errnovato

» Tiempo TIP
Hai que parar as políticas de austeridade EmptyMar 9 Jul 2019 - 19:19 por alma14


2 participantes

    Hai que parar as políticas de austeridade

    alma14
    alma14
    Admin
    Admin


    Cantidad de envíos : 16587
    - K A R M A - :
    Hai que parar as políticas de austeridade Left_bar_bleue100 / 100100 / 100Hai que parar as políticas de austeridade Right_bar_bleue

    Fecha de inscripción : 05/02/2008

    Hai que parar as políticas de austeridade Empty Hai que parar as políticas de austeridade

    Mensaje por alma14 Mar 1 Abr 2014 - 16:51

    3 de abril de 2014: un novo camiño para Europa #NewPaht4Europe
    Baixo o lema «Un novo camiño para Europa», CCOO únese á convocatoria da Confederación Europea de Sindicatos (CES) e prepara en todo o Estado unha serie de actos reivindicativos. En Galicia, haberá concentracións nas setes cidades e en Vilagarcía.
    Hai que parar as políticas de austeridade 1811714-Cartel_para_as_concentracions_Version2
    Cartel para as concentracións
    CONCENTRACIÓNS

    - A Coruña: ás 20 h no Obelisco
    - Ferrol: ás 20 h diante do edificio da Xunta (praza de España)
    - Santiago de Compostela: ás 20 h na praza do Toural
    - Lugo: ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno (rúa de Armanyà)
    - Ourense: ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno (parque de San Lázaro)
    - Pontevedra: ás 20 h na praza da Peregrina
    - Vilagarcía de Arousa: ás 19:30 h na praza de Galicia
    - Vigo: ás 12 h diante da sede da Xunta (rúa Concepción Arenal)

    * * * * *

    3 de abril: Xornada de concentracións por todo o país
    Basta xa de recortes!

    O 3 de abril, UGT e CCOO de Galicia convocan unha xornada de concentracións en todo o país ao abeiro da convocatoria de euromanifestación da CES o 4 de abril, para rexeitar as políticas de austeridade e de recortes e esixir un plan de investimentos que permita reactivar a economía e crear emprego de calidade. Unha advertencia que a cidadanía española lanzará ao Goberno, en primeiro lugar, e ao resto das formacións políticas españolas que acudirán ás eleccións europeas do vindeiro 25 de maio, para lles esixir un cambio de rumbo das políticas europeas e nacionais.

    Así non se pode seguir. As políticas de austeridade e de recortes que puxeron en marcha distintos gobernos, da man da chamada troica comunitaria —FMI, BCE e Comisión Europea— non fixeron máis ca incrementar as desigualdades entre uns países e outros, o paro, a pobreza e a exclusión social. Ademais, produciuse un forte retroceso das políticas públicas, nun contexto de progresivo desmantelamento do estado de benestar e de eliminación de dereitos sociais e laborais. Son xa 26,5 millóns de persoas en paro, das cales case 6 millóns son menores de 25 anos.

    Vemos con preocupación o posible agravamento da crise se o Acordo de Libre Comercio entre a Unión Europea e os Estados Unidos se leva adiante nos termos en que se está negociando, cos que as multinacionais e a banca mundial terían un poder ilimitado, sen trabas legais de ningún tipo. Este acordo, que aparenta a supresión de aranceis, oculta a eliminación das regulacións que protexen as persoas como traballadoras e consumidoras.

    Desde que en maio de 2010 as autoridades comunitarias impulsaron os plans de axuste e cominaron os gobernos da Unión, entre eles o español, a unha redución drástica do déficit e ás reformas estruturais do mercado de traballo, do sistema financeiro e das pensións, asistimos a unha perda continuada de dereitos e prestacións e mais a un aumento escandaloso do desemprego, que en España atangue xa a seis millóns de persoas, das que 280.000 son galegas e, destas, 35.000 son menores de 25 anos. Unhas políticas de control dogmático do déficit que conduciron o país pola senda do paro masivo, a pobreza e a exclusión social.

    Nas sucesivas mobilizacións e folgas xerais que se levaron a cabo no noso país, os sindicatos e o Cumio Social esixiron outras políticas económicas e sociais orientadas a reactivar a economía, crear emprego e avanzar cara a outro modelo produtivo. Mais foi en van ata o momento. O anterior Goberno, que puxo en marcha o primeiro paquete de medidas de axuste, reforma laboral incluída, e especialmente o Goberno de Mariano Rajoy, seguiron ao pé da letra a axenda imposta polas institucións financeiras e os mercados, á custa de sacrificar dereitos e conquistas históricas da poboación asalariada e da cidadanía, e de ceder espazos da democracia á acción de institucións e organismos non democráticos.

    Por iso, cando agora nos din que aqueles sacrificios están dando os seus froitos e que haberá que seguir cos recortes, dicimos alto e claro que menten e que non imos permitir que se siga desmantelando o Estado social. Un país que está perdendo transcendentes conquistas sociais e laborais, que ve retroceder ata límites intolerables a calidade da democracia e que conseguiu bater a marca de paro en Europa na mesma medida que baixaba a taxa de actividade e se golpeaban os sistemas públicos de protección social, non pode presumir de logros, senón de todo o contrario. O Goberno debería pedir perdón, sobre todo aos millóns de persoas empurradas á pobreza e a exclusión, e proceder decontado a cambiar o rumbo da súa política económica e fiscal.

    Neste sentido, apoiamos a iniciativa da Confederación Europea de Sindicatos de lles demandar con urxencia ás autoridades europeas e aos gobernos nacionais un programa de investimentos en sectores como a enerxía, redes e infraestruturas de transporte e telecomunicacións, a reindustrialización en sectores de futuro, a educación, a formación, I+D+i, servizos públicos de calidade ou rehabilitación de vivenda social… Proponse para isto un obxectivo de investimento anual do 2 % do PIB europeo durante dez anos para que Europa volva á senda do crecemento económico sostible e de creación de emprego. Un plan audaz, cuxa posta en marcha permitiría crear once millóns de postos de traballo, así como poñer fin aos recortes no gasto público, aumentar os salarios e reforzar as prestacións e redes de protección social, e moi especialmente para as persoas que máis están a sufrir os efectos da crise.

    Esas son as razóns da xornada de concentracións que terá lugar o 3 de abril nas principais cidades do país. Unhas mobilizacións nas que diremos BASTA XA DE RECORTES! e esixiremos un novo rumbo para reactivar a economía, crear emprego e reforzar os sistemas públicos de protección social.

    #StopRecortes
    #NewPaht4Europe
    Rootkey
    Rootkey
    Aprendiz
    Aprendiz


    Cantidad de envíos : 6
    - K A R M A - :
    Hai que parar as políticas de austeridade Left_bar_bleue90 / 10090 / 100Hai que parar as políticas de austeridade Right_bar_bleue

    Fecha de inscripción : 09/09/2013

    Hai que parar as políticas de austeridade Empty Re: Hai que parar as políticas de austeridade

    Mensaje por Rootkey Jue 3 Abr 2014 - 16:35

    vamos por ellos que todavia estoy en paro

      Fecha y hora actual: Jue 28 Mar 2024 - 11:01