por alma14 Vie 23 Mayo 2008 - 18:05
alerta
Sáldase sen danos o envío dun paquete bomba en Vigo
As primeiras hipóteses apuntan que o explosivo recibido na inmobiliaria Grupo Atlántico quería sementar a inquietude no sector urbanístico
EUROPA PRESS . VIGO
Axentes do equipo de Técnicos de Desactivación de Explosivos (Tedax) desactivaron onte un pequeno artefacto explosivo recibido nun sobre nunha empresa do sector inmobiliario situada na rúa Pai Don Rúa de Vigo.
Segundo informou a Xefatura Superior de Policía de Galicia, ás 12.00 horas, a empresa que se corresponde co Grupo Atlántico Promocións Inmobiliarias, recibiu un sobre postal que, unha vez aberto polos empregados, espertou as sospeitas destes, polo que alertaron ao Corpo Nacional de Policía.
Os axentes desprazados ao lugar comprobaron que dentro do paquete había unha axenda e dentro desta un pequeno artefacto explosivo, que foi desactivado por efectivos policiais sen que se rexistrasen danos materiais nin persoais.
Así, as forzas de seguridade comezaron unha investigación co obxectivo de esclarecer os feitos e identificar os autores da colocación do artefacto. Segundo a Policía, todos os indicios apuntan a que o obxectivo era "sementar a inquietude en sectores empresariais relacionados co urbanismo".
A actuación dos efectivos, que mantiveron acordoada a zona durante ao redor dunha hora, foi percibida polos veciños, os cales acudiron a interesarse e saber que acontecía. Así, as empregadas dun dos establecementos próximo á inmobiliaria, situada non número 8 da rúa Padre Don Rúa, achegáronse aos axentes para saber que pasaba.
Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras, destacou onte que o "pequeno" artefacto explosivo desactivado contiña menos de 30 gramos pólvora -substancia que deberá ser confirmada pola análise- incluída nunha caixa de puros colocada dentro dunha axenda baleirada, co que se pretendía "asustar". Ameijeiras manifestou que se está a investigar se procede do ámbito radical independentista ou ben responde a unha vinganza persoal contra a empresa. Así, o delegado aclarou que o modus operandi, o explosivo e a forma de reivindicación non responde ás actuacións do grupo independentista Resistencia Galega, que reivindicou a colocación anterior doutros artefactos.
Vie 24 Mar 2023 - 17:25 por alma14
» Felices fiestas
Sáb 25 Dic 2021 - 7:00 por alma14
» Excedencia y posterior pedida de la habilitación
Sáb 25 Dic 2021 - 6:57 por alma14
» BAJA
Vie 15 Oct 2021 - 17:51 por Invitado
» Limpieza total
Mar 11 Ago 2020 - 17:45 por cliper91
» Juicio y vacaciones
Lun 10 Ago 2020 - 23:53 por alma14
» Necesito ayuda sobre el tema de requisitos de Escolta Privado
Lun 11 Mayo 2020 - 12:45 por escolta63
» que es un impacto negativo
Lun 11 Mayo 2020 - 12:43 por escolta63
» pregunta temario escolta
Lun 11 Mayo 2020 - 12:39 por escolta63
» Artículo de Alba
Lun 11 Mayo 2020 - 8:52 por alma14
» El TSJC rechaza el despido de dos gerocultoras por negarse a preparar medicación
Mar 25 Feb 2020 - 14:21 por alma14
» Comparativa Sueldos Vigilantes USA vs Alemania vs Francia vs España Por Toni -
Lun 24 Feb 2020 - 11:10 por alma14
» La empresa no puede exigir recuperar los días de asuntos propios
Lun 2 Dic 2019 - 17:05 por alma14
» El despido durante la baja médica ya es despido nulo
Lun 2 Dic 2019 - 16:49 por alma14
» Permiso retribuido en elecciones generales
Dom 3 Nov 2019 - 10:06 por alma14
» Venta de Corsys de Seguridad
Jue 12 Sep 2019 - 13:56 por popazo09
» Vigilantes barcelona
Miér 10 Jul 2019 - 15:34 por Iliess
» Infarto como accidente de trabajo
Mar 9 Jul 2019 - 19:54 por alma14
» convenio 2021
Mar 9 Jul 2019 - 19:46 por errnovato
» Tiempo TIP
Mar 9 Jul 2019 - 19:19 por alma14