Pacto de Estado pola Economía, o Emprego e a Cohesión Social | ||
Medidas de carácter conxuntural para facer fronte á crise | Medidas de carácter estratéxico para cambiar o modelo de crecemento | |
Priorizar a preocupación polas persoas, sobre todo polas que están perdendo o emprego ou non poden acceder a el
| Asentar unha base industrial sólida que invista en I+D+i
| |
Revisar o funcionamento do sistema financeiro
| Mellorar o sistema educativo e a FP, vinculándoos ao sistema produtivo
| |
Reactivar a economía
| Consolidar e ampliar a protección social
|
sindicato nacional de ccoo de galicia
PACTO POLA ECONOMÍA, O EMPREGO E A COHESIÓN SOCIAL
A crise é grave e a destrución de emprego non para. Hai que actuar con urxencia. O Goberno debería liderar unha negociación xunto á patronal e os sindicatos para comprometer unha saída pactada á crise económica. A sociedade demanda solucións e acordos de medio e longo percorrido, que senten as bases dun novo modelo produtivo e recuperen o crédito do diálogo social.
CC OO púxose a traballar e elaborou unha proposta para reactivar a economía e o emprego e sometela á consideración de todas as partes. No centro das súas preocupacións, as persoas, sobre todo as que perden o emprego ou queren traballar pero non poden. Os poderes públicos teñen que lles garantir unha prestación social.
A natureza da crise
Estamos nunha profunda crise financeira e económica internacional. A primeira gran crise da economía globalizada. A súa orixe atópase na preeminencia da economía especulativa fronte á produtiva e na ausencia de controis do sistema financeiro, sobre todo en Estados Unidos, onde se actuou irresponsablemente liberando crédito sen garantías en torno ao mercado inmobiliario.
En España, a crise internacional ten unha repercusión máis aguda, por coincidir co esgotamento do modelo de crecemento que se seguiu nas últimas décadas, ata o punto de que España podería entrar en crise mesmo no caso de que non se desen as presentes circunstancias internacionais. Un modelo produtivo apoiado nunha alta taxa de temporalidade, precariedade e escasa cualificación do emprego, que posibilitou considerables e rápidos beneficios, pero de natureza moi vulnerable.
O urxente
Os poderes públicos deben protexer máis e mellor a quen sofre a crise, as persoas que quedan en paro, para evitar que caian na exclusión social. Urxe, neste sentido:
Incrementar a cobertura ás persoas que non dispoñan de prestación por desemprego.
Reactivar a economía para impedir que se siga destruíndo emprego.
Reformar o sistema financeiro para garantir o fluxo de crédito ás familias e empresas.
O necesario
Cambiar o modelo de crecemento que seguiu ata agora a economía española e que é responsable, en gran medida, da situación pola que atravesamos, esixe unha proposta estratéxica para:
Apostar por unha base industrial sólida que invista en investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i).
Mellorar o sistema educativo, e especialmente a formación profesional, para vinculalo máis eficazmente ao sistema produtivo.
Consolidar e ampliar o noso sistema público de protección para avanzar en cohesión social.
O diálogo social
Dedicar todos os esforzos da sociedade para afrontar a crise, os seus efectos máis negativos en termos de destrución de emprego e de tecido produtivo, e establecer as bases dun novo modelo de crecemento requiren dunha negociación e compromiso sinceros no que se impliquen con capacidade de liderado o Goberno, a patronal e os sindicatos. Estes deben ser os seus protagonistas e o marco para levar a cabo esta negociación ten que ser o do diálogo social.
CC OO é plenamente consciente de que, tras alcanzar un pacto como o que propomos, hai que garantir a súa aplicación, e para iso é indispensable contar con suficientes recursos económicos, sabendo que estes non son ilimitados. Xa que logo, débese expor, cando menos: flexibilizar, aínda que sexa temporalmente, as marxes de endebedamento e revisar a política fiscal aplicada ata este momento.
Última edición por alma14 el Sáb 4 Jul 2009 - 16:44, editado 1 vez
Vie 24 Mar 2023 - 17:25 por alma14
» Felices fiestas
Sáb 25 Dic 2021 - 7:00 por alma14
» Excedencia y posterior pedida de la habilitación
Sáb 25 Dic 2021 - 6:57 por alma14
» BAJA
Vie 15 Oct 2021 - 17:51 por Invitado
» Limpieza total
Mar 11 Ago 2020 - 17:45 por cliper91
» Juicio y vacaciones
Lun 10 Ago 2020 - 23:53 por alma14
» Necesito ayuda sobre el tema de requisitos de Escolta Privado
Lun 11 Mayo 2020 - 12:45 por escolta63
» que es un impacto negativo
Lun 11 Mayo 2020 - 12:43 por escolta63
» pregunta temario escolta
Lun 11 Mayo 2020 - 12:39 por escolta63
» Artículo de Alba
Lun 11 Mayo 2020 - 8:52 por alma14
» El TSJC rechaza el despido de dos gerocultoras por negarse a preparar medicación
Mar 25 Feb 2020 - 14:21 por alma14
» Comparativa Sueldos Vigilantes USA vs Alemania vs Francia vs España Por Toni -
Lun 24 Feb 2020 - 11:10 por alma14
» La empresa no puede exigir recuperar los días de asuntos propios
Lun 2 Dic 2019 - 17:05 por alma14
» El despido durante la baja médica ya es despido nulo
Lun 2 Dic 2019 - 16:49 por alma14
» Permiso retribuido en elecciones generales
Dom 3 Nov 2019 - 10:06 por alma14
» Venta de Corsys de Seguridad
Jue 12 Sep 2019 - 13:56 por popazo09
» Vigilantes barcelona
Miér 10 Jul 2019 - 15:34 por Iliess
» Infarto como accidente de trabajo
Mar 9 Jul 2019 - 19:54 por alma14
» convenio 2021
Mar 9 Jul 2019 - 19:46 por errnovato
» Tiempo TIP
Mar 9 Jul 2019 - 19:19 por alma14