Proposta dun Pacto Galego pola Economía, a Industria e a Protección Social |
Medidas para ampliar a protección social | Medidas para deter a destrución de emprego | Medidas para reactivar a actividade económica |
|
|
|
sindicato nacional de ccoo de galicia
Proposta dun Pacto Galego pola Economía, a Industria e a Protección Social
O Sindicato Nacional de CC OO, a UGT Galicia e a CEG acadaron dous acordos co goberno bipartito: o Acordo polo Emprego e o Plan de Competitividade 2008-2013. Ambos teñen plena vixencia e, polo tanto, débense cumprir na súa totalidade. Non obstante, e dado que o contexto económico actual difire notablemente daquel en que foron asinados, cómpre a súa avaliación, adecuación e ampliación para os adaptar á nova realidade.
O diálogo social, aposta estratéxica de CC OO, ten a súa concreción no ámbito do estado na proposta da Confederación Sindical de CC OO dunPacto de Lexislatura pola Economía, o Emprego e a Cohesión Social para afrontar a actual conxuntura de crise.
Considerando as premisas anteriores, o Sindicato Nacional de CC OO coida imprescindible darlle un pulo ao diálogo social en Galicia que contribúa a saír máis cedo ca tarde da crise e cos menores custos sociais posibles; por iso propón un Pacto Galego pola Economía, a Industria e a Protección Social.
O contexto
Un fráxil modelo produtivo asentado no aumento sostido da vivenda e no baixo prezo do diñeiro, cun crecente endebedamento das familias que é necesario cambiar por outro que contribúa a soster a competitividade da economía e a crear empregos de calidade que garantan a cohesión económica e social.
É un contexto de deterioración da actividade produtiva e do emprego, de crise en practicamente todos os sectores de actividade, de falta de liquidez nas familias e nas empresas.
O que cómpre facer xa
Adoptar medidas para superar a situación de crise e reconducila polo camiño do crecemento económico e a creación de emprego. Medidas:
que amplíen a protección social para dar cobertura aos traballadores e traballadoras que carecen de protección por desemprego porque esgotaron as prestacións ou porque non cumpren os requisitos para acceder a elas, e que melloren as políticas sociais para evitar situacións de exclusión social;
que deteñan a destrución de emprego e contribúan á súa creación, cun Servizo Público de Emprego máis activo na axuda ás persoas que buscan traballo e unha maior integración das políticas activas de emprego, nas que os itinerarios de inserción individualizados han ter unha función clave;
que reactiven a actividade económica facilitando liquidez ás empresas e se completen cun plan de choque que dinamice os sectores económicos capaces de soster e xerar emprego e reoriente os da construción e dos servizos cara a actividades e emprego de maior calidade.
O futuro
O S. N. de CC OO aposta por un novo modelo produtivo asentado nunha base industrial sólida onde as pemes actúen como motor de progreso e emprego e apoiado nunha estratexia de investigación e desenvolvemento como aval da competitividade, sempre co obxectivo de procurar a cohesión económica, social e territorial.
Última edición por alma14 el Sáb 4 Jul 2009 - 16:54, editado 2 veces
Vie 24 Mar 2023 - 17:25 por alma14
» Felices fiestas
Sáb 25 Dic 2021 - 7:00 por alma14
» Excedencia y posterior pedida de la habilitación
Sáb 25 Dic 2021 - 6:57 por alma14
» BAJA
Vie 15 Oct 2021 - 17:51 por Invitado
» Limpieza total
Mar 11 Ago 2020 - 17:45 por cliper91
» Juicio y vacaciones
Lun 10 Ago 2020 - 23:53 por alma14
» Necesito ayuda sobre el tema de requisitos de Escolta Privado
Lun 11 Mayo 2020 - 12:45 por escolta63
» que es un impacto negativo
Lun 11 Mayo 2020 - 12:43 por escolta63
» pregunta temario escolta
Lun 11 Mayo 2020 - 12:39 por escolta63
» Artículo de Alba
Lun 11 Mayo 2020 - 8:52 por alma14
» El TSJC rechaza el despido de dos gerocultoras por negarse a preparar medicación
Mar 25 Feb 2020 - 14:21 por alma14
» Comparativa Sueldos Vigilantes USA vs Alemania vs Francia vs España Por Toni -
Lun 24 Feb 2020 - 11:10 por alma14
» La empresa no puede exigir recuperar los días de asuntos propios
Lun 2 Dic 2019 - 17:05 por alma14
» El despido durante la baja médica ya es despido nulo
Lun 2 Dic 2019 - 16:49 por alma14
» Permiso retribuido en elecciones generales
Dom 3 Nov 2019 - 10:06 por alma14
» Venta de Corsys de Seguridad
Jue 12 Sep 2019 - 13:56 por popazo09
» Vigilantes barcelona
Miér 10 Jul 2019 - 15:34 por Iliess
» Infarto como accidente de trabajo
Mar 9 Jul 2019 - 19:54 por alma14
» convenio 2021
Mar 9 Jul 2019 - 19:46 por errnovato
» Tiempo TIP
Mar 9 Jul 2019 - 19:19 por alma14